DEPORTE ESCOLAR SAUDABLE
O Ceip Pedro Barrié de la Maza participa este curso en Xogade e cun proxecto deportivo de centro:
O obxectivo primordial deste
proxecto é incrementar e fomentar a práctica física e deportiva do alumnado do
noso centro complementando as clases de E. Física.
Unha vez cumprido este obxectivo,
debese inculcar ao alumnado un estilo de vida saudable.para conseguir hábitos
duraderos.
Tratamos de que os alumnos
participen en un deporte para a transmisión de hábitos, actitudes e valores de
respecto, compañerismo, integración, esforzo e cooperación.
Consideramos que o proxecto
deportivo de centro é un aspecto moi importante a nivel educativo acorde cos
valores do noso Proxecto educativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario