lunes, 26 de octubre de 2020
viernes, 29 de mayo de 2020
martes, 12 de mayo de 2020
martes, 5 de mayo de 2020
jueves, 23 de abril de 2020
Móvete connosco na casa
Vídeos que constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.
viernes, 3 de abril de 2020
XOGOS para un " RESPIRO"
Somos conscientes de que un piso non é o sitio máis axeitado para que os nenos e nenas fagan actividade física e se movan. Pero tamén sabemos que os nenos e nenas precisan moverse, xogar, saltar e gritar, é inherente a eles e a elas.
Para que esta situación vos resulte o máis levadeira posible, os mestres de Educación Física pensamos unha serie de xogos e actividades que se poden facer fácilmente en calquera vivenda, e que permitarán que os vosos fillos e fillas teñan un “respiro”, adaptándoos sempre á situación de cada familia e de cada casa.

Globos: cun globo mantelo no aire, con diferentes partes do corpo, golpeándoo solo cunha man, solo coa cabeza, levalo da cociña á sala en 3, 5,… toques, facer un percorrido por todas as estancias da casa sen que caia ao chan,….
Xogar a pases con outro menbro da familia, golpéalo cun guante de cociña nas mans, golpealo con rollo de carton do papal de cociña,….
Enchelo cun pouquiño de arroz, inflalo e facer un globo sonoro ou atalo para facer un saquiño de equilibrio. Co saquiño levalo en diferentes partes do corpo sen que caia, lánzalo ao chan, facendo sobre unha cartulina ou cartón unha diana,…..

Rollos de cartón de papel de cociña ou hixiénico: gardade os cartóns de dentro, poden construír, facer un circuito a modo de zig-zag,…usalos a modo de bolos lanzándolle un saquiño de arroz (ver actividade anterior)
Papel hixiénico: dádelle un
rollo enteiro de papel, poden xogar con el sen abrilo (equilibrio, facer unha
torre con varios rollos, velo rodar, pasalo por debaixo de varias sillas
colocadas a modo de túnel,….). Posteriormente deixádelle abrilo e decorar a
casa (a modo de casa fantasma), como se tivese moitas cortinas, como se fose un
lugar encantado, que poidan “vestirse” de momias co papel, no pasillo que
poidan desenrrollalo e pintar
algo en cada “cadradiño” (un camiño, unha estrela,….)
Mariola ou diana no pasillo:
facer con cartóns unha Mariola ou unha diana pola que poder ir saltando de
cadradro en cadrado ou lanzar un saquiño de arroz (ver a actividade con globos)
e ir sumando puntos.
Bailar: a todos os nenos e
nenas lles gusta bailar, tanto sexa de forma libre como seguindo alguna
coreografía. Poñédelle música, tanto actual como de outras épocas, facede
concursos de baile, enseñádelle como eran os bailes de outras épocas (das dos
pais, dos avós,…). En internet hai moitas páxinas de coreografías moi sinxelas
para nenos e nenas, de diferentes idades e estilos musicais. Se usades esta
opción, que non sexan meros espectadores, que miren e bailen. Podedes retalos a
que se aprendan unha coreogarfía ata que consigan facela sen mirar o vídeo.
Xogos de adiviñar películas,
personaxes,…. Solo con xestos, sen poder falar, disfrazarse, facer un desfile
ou concurso de disfraces,…
Construír unha cabana, con
telas, coxíns,….deixádelle que movan parte do mobiliario da súa habitación, da sala,…. Para que constrúian a súa casiña….
Escondite: que se escondan
nalgunha parte da casa, ide a buscalos falándolles ou en silencio para manter a intriga…..
Xogos de mesa: cartas, parchís,
oca, xadrez, damas, monopoly….
Karaoke: xogade a cantar
cancións, a exaseralas, a imitar ao artista,….
Por último recordade que o uso
continuado da tecnoloxía non é beneficioso.
Os rapaces e rapazas teñen que ser os protagonistas do xogo da súa vida, non os espectadores dun vídeo xogo.
Os rapaces e rapazas teñen que ser os protagonistas do xogo da súa vida, non os espectadores dun vídeo xogo.
jueves, 2 de abril de 2020
XOGO DA OCA
Xogo da oca, onde a ficha é cada un dos xogadores e para poder avanzar debedes pasar un reto.
O funcionamento é moi sinxelo, non tendes máis que pinchar no dado para que comece e para paralo, contar o número de casillas e ver que tarefa vos tocou facer para seguir avanzando. (Clica sobre o enlace co botón dereito e vai a “Abrir hipervínculo”)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)