viernes, 3 de abril de 2020

XOGOS para un " RESPIRO"


Somos conscientes de que un piso non é o sitio máis axeitado para que os nenos e nenas fagan actividade física e se movan. Pero tamén sabemos que os nenos e nenas precisan moverse, xogar, saltar e gritar, é inherente a eles e a elas.
Para que esta situación vos resulte o máis levadeira posible, os mestres de Educación Física pensamos unha serie de xogos e actividades que se poden facer fácilmente en calquera vivenda, e que permitarán que os vosos fillos e fillas teñan un “respiro”, adaptándoos sempre á situación de cada familia e de cada casa.

Globos: cun globo mantelo no aire, con diferentes partes do corpo, golpeándoo solo cunha man, solo coa cabeza, levalo da cociña á sala en 3, 5,… toques, facer un percorrido por todas as estancias da casa sen que caia ao chan,….
Xogar a pases con outro menbro da familia, golpéalo cun guante de cociña nas mans, golpealo con rollo de carton do papal de cociña,….
Enchelo cun pouquiño de arroz, inflalo e facer un globo sonoro ou atalo para facer un saquiño de equilibrio. Co saquiño levalo en diferentes partes do corpo sen que caia, lánzalo ao chan, facendo sobre unha cartulina ou cartón unha diana,…..

Rollos de cartón de papel de cociña ou hixiénico: gardade os cartóns de dentro, poden construír, facer un circuito a modo de zig-zag,…usalos a modo de bolos lanzándolle un saquiño de arroz (ver actividade anterior)

Papel hixiénico: dádelle un rollo enteiro de papel, poden xogar con el sen abrilo (equilibrio, facer unha torre con varios rollos, velo rodar, pasalo por debaixo de varias sillas colocadas a modo de túnel,….). Posteriormente deixádelle abrilo e decorar a casa (a modo de casa fantasma), como se tivese moitas cortinas, como se fose un lugar encantado, que poidan “vestirse” de momias co papel, no pasillo que poidan desenrrollalo e pintar algo en cada “cadradiño” (un camiño, unha estrela,….)

Mariola ou diana no pasillo: facer con cartóns unha Mariola ou unha diana pola que poder ir saltando de cadradro en cadrado ou lanzar un saquiño de arroz (ver a actividade con globos) e ir sumando puntos.

Bailar: a todos os nenos e nenas lles gusta bailar, tanto sexa de forma libre como seguindo alguna coreografía. Poñédelle música, tanto actual como de outras épocas, facede concursos de baile, enseñádelle como eran os bailes de outras épocas (das dos pais, dos avós,…). En internet hai moitas páxinas de coreografías moi sinxelas para nenos e nenas, de diferentes idades e estilos musicais. Se usades esta opción, que non sexan meros espectadores, que miren e bailen. Podedes retalos a que se aprendan unha coreogarfía ata que consigan facela sen mirar o vídeo.

Xogos de adiviñar películas, personaxes,…. Solo con xestos, sen poder falar, disfrazarse, facer un desfile ou concurso de disfraces,…

Construír unha cabana, con telas, coxíns,….deixádelle que movan parte do mobiliario da súa habitación, da sala,…. Para que constrúian a súa casiña….

Escondite: que se escondan nalgunha parte da casa, ide a buscalos falándolles ou en silencio para manter a intriga…..

Xogos de mesa: cartas, parchís, oca, xadrez, damas, monopoly….

Karaoke: xogade a cantar cancións, a exaseralas, a imitar ao artista,….
Por último recordade que o uso continuado da tecnoloxía non é beneficioso.
Os rapaces e rapazas teñen que ser os protagonistas do xogo da súa vida, non os espectadores dun vídeo xogo.

Esperamos que vos sirvan de axuda, que vos fagan pasar un bo momento en familia e que permitan a todos ter un respiro nesta situación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario