miércoles, 24 de noviembre de 2021

Cordas


O traballo con cordas ten moitas razóns para ser un contido educativo idóneo para traballar nos centros educativos: implica material accesible e está presente en todos os centros, difumina os tintes de xénero asociados a este contido xa que tanto os nenos como as nenas gozan moito del. É un contido divertido e motivador para o alumnado, que amosa unha gran implicación e que ademais incide moi positivamente na mellora da condición física, da saúde ósea e das habilidades de coordinación do alumnado que o practica se se fai correctamente. 
 
01 Coñecer as diferentes posibilidades que nos ofrecen os saltos de corda como medio de desenvolvemento da EF e como medio de aproveitamento do tempo libre. 
02 Participar activamente en todas as tarefas propostas. 
03 Mellorar a competencia motriz do alumnado mediante un traballo de saltar as cordas 
04 Adquirir un nivel técnico aceptable na realización das diferentes exercicios propostos. 
05 Contribuír á mellora da EF mediante traballos non planificados. 
06 Asociar a práctica de actividade física coa mellora da saúde e calidade de vida. 
07 Colaborar cos compañeiros e co mestre nas actividades propostas. 
08 Valorar a importancia do traballo en equipo para acadar os obxectivos.